mércores, 18 de marzo de 2020

RETOS FÍSICOS: RETO 1

Ola nenos e nenas,

Gustaríame animarvos a participar nun xogo que nos pode resultar moi divertido...

Cada día, mentres dure este confinamento, proporeivos a través deste blogue un reto físico que teredes que superar... se vos parece ben, claro!!

Serán retos asequibles a todo o alumnado. se nalgún caso, a dificultade dun deles é moi alta para os máis pequenos, proporeivos unha variante adaptada, que vos permita facelo.

Gustaríame ver vídeos de como os facedes, polo que facilitei a través da plataforma Abalar o meu correo electrónico ás vosas familias para que, se queredes, mos mandedes.

Recordade que o importante é tratar de facelos, inda que non se consigan rematar. Trátase de pasalo ben e de moverse...

Preparado todo o mundo que vai o primeiro reto!!

RETO 1: Coordinación - axilidade

MATERIAL NECESARIO: 6 Obstáculos (eu usei 6 pedazos de madeira) e 1 balón.

Como hoxe temos bo día, propóñovos facer este reto no exterior, da igual un balcón, un xardín, a terraza...

Consiste en pasar os obstáculos do xeito que se indica no vídeo.
Ida - salto a pés xuntos, volta - salto lateral á dereita, ida - salto lateral esquerda, 5 lanzamentos de balón con sentadilla, ida - zancada adiante, volta - zancada adiante, 5 lanzamentos de balón con sentadilla e FIN!

ÁNIMOOOO!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario