venres, 20 de marzo de 2020

RETO 3

RETO 3: Salto - equilibrio - coordinación - puntería

MATERIAL NECESARIO: Cinta de carroceiro ou similar (tamén pode ser unha tiza) e un par de calcetíns (ou algo similar que poidamos lanzar)

Bo día a todos/as!

Como hoxe o día está algo gris, o reto que vos propoño será de facer no interior.
É o xogo da Mariola que xa todos/as coñecedes.

O primeiro que teremos que facer será elaborar a nosa propia mariola. Para iso, eu utilicei un pouco de cinta de carroceiro, pero vos poderedes usar calquera cousa que se vos ocurra.
Unha vez feita a mariola, o único que precisaremos para empezar a xogar será algo que poder lanzar, no meu caso, utilicei un paquete de calcetíns.



Recordade que as normas do xogo son:
- ir lanzando aos números en orde.
- os "calcetíns" teñen que caer dentro do número que nos toca para poder comezar o percorrido.
- se os "calcetíns" caen fóra da casilla que toca ou se pisamos fóra dos cadrados, perderemos a quenda e teremos que volver a lanzar. se xogamos con outra persoa, será o turno de xogo desta.




Moito ánimo e espero que o pasedes ben elaborando e xogando coa vosa mariola caseira.
Un saúdo!!
Carlos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario