luns, 23 de marzo de 2020

RETO 6

RETO 6: Resistencia

MATERIAIS NECESARIOS: 8 troncos de madeira (ou algo similar para marcar) e unha moto de infantil, triciclo ou similiar.

Bos días!! 
Hoxe temos un reto súper complicado... 
Consiste en facer 2 filas de 4 madeiras cada unha en forma de L.

Na unión das dúas filas, colocaremos unha moto de equilibrio, patinete ou algo similar (para o alumnado de primaria non ten importancia o que sexa, vale ata un caldeiro!)

EDUCACIÓN PRIMARIA:
O reto consiste en saír correndo cara a primeira madeira dunha das filas, tirala e volver ao punto de inicio. Seguidamente, iremos á 1ª madeira da outra fila e tirarémola tamén. Voltamos ao punto de inicio e diríxomonos á segunda das madeiras da 1ª fila e así sucesivamente ata tirar coas 4 madeiras das 2 filas. 
Unha vez están todas tiradas, teremos que facer a parte final do reto, que é unha carreira en cada unha das filas, na que iremos á 1ª madeira, voltaremos correndo de costas, iremos á 2ª, voltaremos de costas, iremos á 3ª, voltaremos de costas e iremos á 4ª e voltaremos de costas para iniciar o mesmo na outra fila de troncos.

MOITO ÁNIMO!!! Que o reto de hoxe cansa MOOOOOOOOITOOOO!!!


EDUCACIÓN INFANTIL: 
A disposición do campo será a mesma. a diferencia para vos está en que unha das filas de madeiras iremos a derribala cunha moto, bici, patinete... ou calquera outra cousa de rodas, e á outra fila iremos correndo. 
Vos, ademais, non teredes que facer a segunda parte do reto, a das carreiras de ida e volta, que son moi costosas!!

Espero que o pasedes ben con este reto!! 
Un saúdo a tod@s!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario