MATERIAIS NECESARIOS: 7 troncos de madeira (ou algo sobre o que poder saltar, coma ladrillos, bloques...), unha corda que nos sirva de comba e algo para marcar unha liña no chan (no meu caso utilicei un listón de pedra)
Ola a tod@s!
como o reto de hoxe se vai a basear en saltos, imos a difernciar o traballo en función do curso no que esteamos.
EDUCACIÓN INFANTIL:
O voso percorrido comezará facendo saltos a pés xuntos sobre as madeiras, unha vez rematadas todas, voltaremos ao inicio camiñando en equilibrio sobre unha corda.
Temos que repetilo 2 veces, ou as que quirades!!
EDUCACIÓN PRIMARIA:
1º e 2º: O voso percorrido comezará facendo saltos a pés xuntos sobre as madeiras, unha vez rematadas todas, faremos 10 saltos laterais sobre a marca que teñamos no chan e voltaremos facendo equilibrio sobre a corda, para iniciar de novo o circuíto. Teremos que facelo 2 veces, ou máis se vos apetece.
3º e 4º: Vos comezaredes facendo 10 saltos á comba, a continuación, pasaredes os troncos saltando a pés xuntos. Ao finalizalos, faremos 10 saltos laterais sobre a liña que teñamos marcada no chan e voltaremos facendo aopios a 1 solo pé en cada tronco, aguantando uns 2 segundos en equilibrio en cada un deles. Ao rematalos, faremos outros 10 saltos á comba e voltaremos a comezar. Tendes que facer, alo menos 2 voltas.
5º e 6º: O voso percorrido é igual ao de 3º e 4º, coa única diferencia de que teredes que facer un mínimo de 4 voltas e un máximo... sen determinar!! cada un/unha que faga o que queira!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario