MATERIAIS NECESARIOS: 5 follas de papel usadas (valen follas de xornal, revistas...), 2 patacas (vale calquera cousa para por pisando as follas e que non as leve o vento), 2 sillas e 10 troncos.
Ola!!
No reto de hoxe teremos que transportar unhas follas de papel dun xeito un pouco dirente ao habitual. Teremos que levalas dunha silla a outra pegadas ao noso peito e sen tocalas, axudándonos unicamente da forza do aire ao correr.
Para volver, teremos que pasar por un circuito de troncos da forma que verdes no vídeo. Unha vez será pisando entre os paus e a seguinte sobre eles. Así sucesivamente ata rematar as follas.
Moito ánimo!!!
Deixádeme os vosos comentarios se vos parece ben!
Circuito de troncos: colocación
Vídeo explicativo:
Ningún comentario:
Publicar un comentario