MATERIAIS NECESARIOS: Pinzas de colgar a roupa a secar (a poder ser, de cores) e un cesto.
Ola a tod@s!
Hoxe, como vai bastante frío, propóñovos un reto de interior. Consiste nunha competición de lanzamentos de puntería na que poderedes retar a calquera persoa que viva convosco.
Dende unha distancia marcada previamente, faremos quendas de lanzamentos de pinzas. No exemplo que vos poño, lanzamos de xeito alternativo 3 pinzas cada un.
Quen encesta máis pinzas, gaña esa quenda, anótase un punto. Podedes xogar ao número de puntos que queirades, por exemplo a 3, a 5...
Quen perda a partida, deberá pagar unha consecuencia (por exemplo, facer a merenda, recoller a mesa, coller a roupa do tendal...)
Ningún comentario:
Publicar un comentario