Dada a actual situación que estamos a vivir e que nos obriga a permanecer nos nosos fogares, quérovos facer chegar o meu ánimo e desexo de que todo volva pronto á normalidade.
Sei que o de estar tanto tempo pechados/as nos nosos fogares pode ser moi aburrido, polo que resultará doado caer na tentación de xogar ao Fornite 12 horas ao día. Pero como xa ben sabedes, os videoxogos a min gústanme o mesmo que o Coronavirus, polo que dende aquí vos animo a facer varias actividades que nos axudarán a pasar estas horas e días dun xeito máis divertido, máis san e máis productivo!!
— A primeira proposta é unha serie de exercicios, moi faciliños, divertidos e orixinais que deseñou unha familia china.
— Facer xogos de mímica por exemplo un representa unha profesión sen falar e outro adiviña cal é e logo cambio. Tamén con anuncios de televisión, para que outra persoa trate de adiviñalos.
— Facer papiroflexia:
Aquí vos deixo un enlace con ideas, podedes buscar outros exemplos se preferides.
https://saposyprincesas.elmundo.es/ocio-en-casa/manualidades-para-ninos/manualidades-faciles-animales-origami/
As couas que fagades poderedes traelas ao cole cando se retomen as clases e faremos unha exposición.
Por último, anímovos a estar tempo coas vosas familias, a falar con eles, a contarlles cousas e que vos conten, a desfrutar da súa compañía. Axudáde nas tarefas do fogar, iso tamén é exercicio físico!!
Xogade e pasádeo o mellor que poidades.
Todas aquelas persoas que decidades facer algo do que vos propoño, podedes facer fotos ou vídeos das vosas actividades e envialas ao correo electrónico do CPI Curros Enríquez (cpi.curros.enriquez.pazos@edu.xunta.gal) Tamén as podedes gardar nun pen drive e darmas cando voltemos ás clases. Con todas elas, faremos unha grande exposición no ximnasio
Moitas gracias e moito ánimo a todos/as!!
Carlos.
Muitas gracias Carlos!!! Ánimo para tod@s
ResponderEliminarMoitas gracias Carlos!! Animo para todo@s e sobre todo para vos os profes que isto tampouco e fácil. Un saúdo de Yara e familia e espero que volvamos o antes posible a normalidade.
ResponderEliminarUn saudo e animo a tod@s
ResponderEliminarMoitísimas grazas Carlos. Un bicazo enorme das 3 pequechas, agardo que todo este Ben. Vémonos á volta ❤️❤️❤️
ResponderEliminarMoitas garzas Carlos...gracias pola información. ..moito animo para ti tamen..un abrazo de Brais
ResponderEliminarGracias y un saludo de Mireia.
ResponderEliminarReto ok