sábado, 21 de marzo de 2020

RETO 4

RETO 4: Axilidade - coordinación dinámica xeral - (resistencia)

MATERIAL NECESARIO: 6 obstáculos para facer un zig-zag (no meu caso usei os meus queridos troncos), un par de sillas (ou algo onde pousar un pau para pasar por debaixo), un recolledor e un cepillo (que poden ser calquera outra cousa con mango que poidamos saltar.

O reto de hoxe, que temos boa mañan, será un circuíto de coordinación dinámica xeral, no cal teremos que faer un zig - zag entre obstáculos, saltar un pau, pasar por debaixo doutro e volver a saltar un último obstáculo antes de comezar de novo o circuíto.


Trataremos de facer as seguintes voltas ao circuíto segundo o curso no que esteamos:

INFANTIL:
2 voltas

PRIMARIA:
1º e 2º: 3 voltas
3º e 4º: 4 voltas
5º e 6º: 5 voltas

Se queredes facer máis, pois estupéndo!!

Moito ánimo e un saúdo!!
Carlos

Ningún comentario:

Publicar un comentario