mércores, 7 de xuño de 2023

DEPORTE ESCOLAR 22-23

 Bo día!

Coma en anos anteriores, no presente curso participamos no programa XOGADE dentro do plan de PVDA - PROXECTA. 

A participación este curso foi similar á de anos anteriores, establecendo diferentes xornadas de xogos deportivos entre os centros participantes no citado programa e que pertencen á agrupación deportiva 14 (Arcade). 

Ademais, celebramos outras actividades coma a xornada de orientación, no entorno da Lagoa de Castiñeiras, ou a xornada de clausura, que se desenvolveu no campo de fútbol de Soutomaior, no cal o alumnado gozou de actividades con inchables, xogos de pelota e, incluso, xogos con auga. 


A continuación deixo unha relación de fotografías de cada unha das xornadas celebradas. 

15/12/2022 CPI Curros Enríquez - CEIP de Pontesampaio






26/01/2023 Xornada de orientación na Lagoa de Castiñeiras




15/02/2023 Santiago Apostol - CPI Curros Enríquez





16/03/2023 CPI do Toural - CPI Curros Enríquez








31/05/2023 Xornada de clausura do curso 2022 - 2023










xoves, 16 de xuño de 2022

DEPORTE ESCOLAR 21 - 22

Un ano máis, participamos no deporte escolar, xunto con outros centros da contorna adscritos a este programa. 

Fixemos saídas moi divertidas, coma a do alumnado de 6º ao Lago de Castiñeiras para realizar unha actividade de orientación, unha visita co alunado de 5º ao CGTD de Pontevedra para facer unha xornada de atletismo. Tamén unha xornada de xogos populares galegos en Soutomaior ou a xornada de clausura nas instalacións deportivas de A Montesiña, en Arcade. 

Alén diso, fixemos unha serie de xornadas no noso centro onde persoal da agrupación deportiva veu a facernos xornadas de Bádminton, Floorball ou Baloncesto. 

Ademais, vivitou o noso colexio o Club Ciclista Ponteareas, que nos viñeron a facer unha xornada de ciclismo ao colexio, na que aprendemos moito sobre o mundo das dúas rodas.

Deixo unha serie de fotos a modo de resumo destas actividades nas que tan ben o pasamos e un vídeo da xornada de ciclismo. 

CICLISMO:




ORIENTACIÓN:


BALONCESTO:



BÁDMINTON:




FLOORBALL:



XOGOS POPULARES GALEGOS:



XORNADA DE CLAUSURA 2022:















mércores, 8 de xuño de 2022

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O pasado 23 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía facendo un baile moi coñecido e cunha canción que está moi de moda. 

Queredes saber máis? 

Pois mirade o vídeo!!



luns, 30 de maio de 2022

PAINTBOLEIRO: O NOSO DEPORTE

 O PAINTBOLEIRO:


O alumnado de primaria do CPI Curros Enríquez inventou, nas clases de Educación Física, un novo deporte chamado Paintboleiro. 

É un deporte de equipo, mixto e no que é tan importante a táctica do equipo como a habilidade das persoas participantes. 

O alumado de 6º fixo un vídeo explicativo do xogo no cal nos aclaran en que consiste e aclaran as dúbidas que poidan xurdir. 



venres, 29 de outubro de 2021

ÁRBORE SABIA VISITA O CPI CURROS ENRÍQUEZ

O pasado venres 22 de outubro, coincidindo coa inauguración da biblioteca escolar do CPI Curros Enríquez, Árbore Sabia, a mascota da nosa biblioteca e unha das árbores máis importantes de Galicia, visitou o noso centro para facerlles chegar aos nenos e nenas unha mensaxe de alerta sobre o seu delicado estado de saúde

Pediulles axuda e o alumnado comprometeuse a botarlle unha man para que se vaia recuperando pouco a pouco. 

Déixovos un vídeo da visita, para que vexades o que aconteceu.





xoves, 28 de outubro de 2021

DEPORTE ESCOLAR - COÑECE AO MEU CLUB - CLUB CICLISTA PONTEAREAS


Este luns 25 de outubro visitounos o Club Ciclista Pontereas, nunha xornada fabulosa de ciclismo e diversión que o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria puido compartir da man de David e Xacob, adestrador e Director Deportivo do club respectivamente. 

Aclaráronnos moitas dúbidas e axudáronnos a diferenciar mellor entre os diferentes tipos de bicicleta que existen actualmente. 

Recordáronnos normas básicas de educación viaria e montaron unha gran ximcana no patio do centro para que o alumnado puidera poñer en práctica tódolos coñecementos adquiridos. 

Quero agradecer o esforzo feito polo Clube, que a través da súa Escola Borja Gómez Méndez, ensinou aos nenos e nenas que o ciclismo, coma calquera outro deporte, pode ser exemplo de integración e superación de barreiras. 

Foi un enorme pracer coñecervos!! 

Dende hoxe, o C.C. Ponteareas xa forma parte do noso colexio!

GRAZAS!!



mércores, 29 de setembro de 2021

 ARRANCANDO UN NOVO CURSO CARGADO DE NOVOS PROXECTOS!!


Ola a todos e a todas!!!

Comeza un novo curso cheo de novos proxectos e de cousas fascinantes por descubrir! 

Coma sempre, divertirémonos moito á vez que aprendemos. Xa sabedes cal é sempre a primeira das normas da clase de Educación Física: DIVERTIRSE!!

Benvidas e benvidos e... arrancamos!!!