O pasado venres 22 de outubro, coincidindo coa inauguración da biblioteca escolar do CPI Curros Enríquez, Árbore Sabia, a mascota da nosa biblioteca e unha das árbores máis importantes de Galicia, visitou o noso centro para facerlles chegar aos nenos e nenas unha mensaxe de alerta sobre o seu delicado estado de saúde.
Pediulles axuda e o alumnado comprometeuse a botarlle unha man para que se vaia recuperando pouco a pouco.
Déixovos un vídeo da visita, para que vexades o que aconteceu.
Ningún comentario:
Publicar un comentario