mércores, 25 de marzo de 2020

RETO 8

RETO 8: Forza - práxia fina

MATERIAIS NECESARIOS: 3 recipientes e 4 pinzas de colgar a roupa ou similar. 

Bos días! 
O reto de hoxe é un reto sinxelo, que consiste en ir pasando 4 pinzas da roupa de recipiente en recipiente ata rematar o percorrido. 
Todo isto teremos que facelo mantendo unha posición de plancha, onde nos fixaremos en ter moi apretada toda a zona da barriga para non desequilibrarnos e non levantar o cu. 

Como o reto non precisa de moito espazo, poderemos facelo tanto en interior coma en exterior.

Déixovos os vídeos para aclarar, coma sempre.

Un saúdo.


Ningún comentario:

Publicar un comentario