venres, 27 de marzo de 2020

RETO 10

RETO 10: Velocidade de reacción

MATERIAIS NECESARIOS: 4 folios vellos numerados do 1 ao 4 e algo con que poder pegalos.

Ola!
No reto de hoxe traballaremos a velocidade de reacción.
Imos a facer un cuadrado imaxinario e en cada unha das súas esquinas colocaremos un dos números (1,2,3,e,4).
Partimos dende o centro dese cuadrado. Unha persoa de casa irá dicíndonos números e nós teremos que saír o máis rápido posible a tocar ese número e voltar ao centro.
As posicións de saída van a ser as seguintes:

1º: sentados
2º: deitados boca arriba
3º: deitados boca abaixo
4º: saltando dando xiros
5º: facendo skipping (correr no sitio sen moverse)
6º: en cuclillas (agachados)
7º: facendo a ponte boca abaixo
8º: facendo a ponte boca arriba

E todas aquelas que vos queirades inventar!

Moitísimo ánimo!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario