MATERIAL NECESARIO: Algo onde poder pousar unhas pinzas (no meu caso utilicei os meus queridos troncos de madeira) e pinzas de colgar a roupa a secar
Ola a tod@s!!
xa temos aquí o novo reto para hoxe...
Propóñovos un xogo onde temos que colocar enriba de cada tronco unha pinza de colgar a roupa a secar. Se a pinza se cae ao chan, teremos que volver con ela ao cesto do principio. Se cae o tronco, levantarémolo e volveremos ao principio tamén.
Trátase de facelo no menor tempo posible e podedes retar a xente da vosa casa para que se animen a facelo con vos. Neste caso, ademais da opción de cronometrar a cada xogador, podedes facelo as 2 persoas á vez, usando unha cor diferente de pinzas para diferenciarvos.
Para os maiores, engadimos unha parte máis do reto, que sería, unha vez colocamos todas as pinzas, comezaremos a recollelas seguindo o mesmo procedemento.
Moitísimo ánimo!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario