martes, 31 de marzo de 2020

RETO 12

RETO 12: coordinación - equilibrio - resitencia - axilidade - forza

MATERIAIS NECESARIOS: 4 rollos de papel hixiénico

Bos e fríos días!!!

O reto de hoxe será un reto de interior (que fóra vai un frío do demo!) que se corresponde de 7 exercicios diferentes máis un de regaliño. Estes están pensados para ir avanzando en dificultade, polo que os primeiros serán os máis asequibles a todo o alumnado e os últimos os pensados para os cursos máis altos.
De tódolos xeitos, e como sempre me sorprendedes @s peques, facede os que máis vos gusten e xa está!! ;))

E si querede inventar algún outro, pois xenial!!

Agardo os vosos vídeos! xa sabedes que estou encantado de velos!!
Un aperta!

EXERCICIO 1:

EXERCICIO 2: 


EXERCICIO 3:


EXERCICIO 4:


EXERCICIO 5:


EXERCICIO 6:


EXERCICIO 7: Por favor, non pisedes os rollos!!!


EXERCICIO DE PROPINA!!!!:

luns, 30 de marzo de 2020

RETO 11

RETO 11: Puntería e precisión

MATERIAIS NECESARIOS: Pinzas de colgar a roupa a secar (a poder ser, de cores) e un cesto.


Ola a tod@s!

Hoxe, como vai bastante frío, propóñovos un reto de interior. Consiste nunha competición de lanzamentos de puntería na que poderedes retar a calquera persoa que viva convosco.
Dende unha distancia marcada previamente, faremos quendas de lanzamentos de pinzas. No exemplo que vos poño, lanzamos de xeito alternativo 3 pinzas cada un.
Quen encesta máis pinzas, gaña esa quenda, anótase un punto. Podedes xogar ao número de puntos que queirades, por exemplo a 3, a 5...
Quen perda a partida, deberá pagar unha consecuencia (por exemplo, facer a merenda, recoller a mesa, coller a roupa do tendal...)

Moito ánimo e un saúdo moi grande!!

venres, 27 de marzo de 2020

RETO 10

RETO 10: Velocidade de reacción

MATERIAIS NECESARIOS: 4 folios vellos numerados do 1 ao 4 e algo con que poder pegalos.

Ola!
No reto de hoxe traballaremos a velocidade de reacción.
Imos a facer un cuadrado imaxinario e en cada unha das súas esquinas colocaremos un dos números (1,2,3,e,4).
Partimos dende o centro dese cuadrado. Unha persoa de casa irá dicíndonos números e nós teremos que saír o máis rápido posible a tocar ese número e voltar ao centro.
As posicións de saída van a ser as seguintes:

1º: sentados
2º: deitados boca arriba
3º: deitados boca abaixo
4º: saltando dando xiros
5º: facendo skipping (correr no sitio sen moverse)
6º: en cuclillas (agachados)
7º: facendo a ponte boca abaixo
8º: facendo a ponte boca arriba

E todas aquelas que vos queirades inventar!

Moitísimo ánimo!!



xoves, 26 de marzo de 2020

RETO 9

RETO 9: Velocidade - coordinación

MATERIAIS NECESARIOS: 5 follas de papel usadas (valen follas de xornal, revistas...), 2 patacas (vale calquera cousa para por pisando as follas e que non as leve o vento), 2 sillas e 10 troncos.

Ola!!
No reto de hoxe teremos que transportar unhas follas de papel dun xeito un pouco dirente ao habitual. Teremos que levalas dunha silla a outra pegadas ao noso peito e sen tocalas, axudándonos unicamente da forza do aire ao correr.
Para volver, teremos que pasar por un circuito de troncos da forma que verdes no vídeo. Unha vez será pisando entre os paus e a seguinte sobre eles. Así sucesivamente ata rematar as follas.

Moito ánimo!!!

Deixádeme os vosos comentarios se vos parece ben!

Circuito de troncos: colocación



Vídeo explicativo:


mércores, 25 de marzo de 2020

RETO 8

RETO 8: Forza - práxia fina

MATERIAIS NECESARIOS: 3 recipientes e 4 pinzas de colgar a roupa ou similar. 

Bos días! 
O reto de hoxe é un reto sinxelo, que consiste en ir pasando 4 pinzas da roupa de recipiente en recipiente ata rematar o percorrido. 
Todo isto teremos que facelo mantendo unha posición de plancha, onde nos fixaremos en ter moi apretada toda a zona da barriga para non desequilibrarnos e non levantar o cu. 

Como o reto non precisa de moito espazo, poderemos facelo tanto en interior coma en exterior.

Déixovos os vídeos para aclarar, coma sempre.

Un saúdo.


martes, 24 de marzo de 2020

RETO 7

RETO 7: Salto, equilibrio e coordinación

MATERIAIS NECESARIOS: 7 troncos de madeira (ou algo sobre o que poder saltar, coma ladrillos, bloques...), unha corda que nos sirva de comba e algo para marcar unha liña no chan (no meu caso utilicei un listón de pedra)

Ola a tod@s!
como o reto de hoxe se vai a basear en saltos, imos a difernciar o traballo en función do curso no que esteamos.

EDUCACIÓN INFANTIL:
O voso percorrido comezará facendo saltos a pés xuntos sobre as madeiras, unha vez rematadas todas, voltaremos ao inicio camiñando en equilibrio sobre unha corda.
Temos que repetilo 2 veces, ou as que quirades!!



EDUCACIÓN PRIMARIA:
1º e 2º: O voso percorrido comezará facendo saltos a pés xuntos sobre as madeiras, unha vez rematadas todas, faremos 10 saltos laterais sobre a marca que teñamos no chan e voltaremos facendo equilibrio sobre a corda, para iniciar de novo o circuíto. Teremos que facelo 2 veces, ou máis se vos apetece.


3º e 4º: Vos comezaredes facendo 10 saltos á comba, a continuación, pasaredes os troncos saltando a pés xuntos. Ao finalizalos, faremos 10 saltos laterais sobre a liña que teñamos marcada no chan e voltaremos facendo aopios a 1 solo pé en cada tronco, aguantando uns 2 segundos en equilibrio en cada un deles. Ao rematalos, faremos outros 10 saltos á comba e voltaremos a comezar. Tendes que facer, alo menos 2 voltas.

5º e 6º: O voso percorrido é igual ao de 3º e 4º, coa única diferencia de que teredes que facer un mínimo de 4 voltas e un máximo... sen determinar!! cada un/unha que faga o que queira!!


luns, 23 de marzo de 2020

RETO 6

RETO 6: Resistencia

MATERIAIS NECESARIOS: 8 troncos de madeira (ou algo similar para marcar) e unha moto de infantil, triciclo ou similiar.

Bos días!! 
Hoxe temos un reto súper complicado... 
Consiste en facer 2 filas de 4 madeiras cada unha en forma de L.

Na unión das dúas filas, colocaremos unha moto de equilibrio, patinete ou algo similar (para o alumnado de primaria non ten importancia o que sexa, vale ata un caldeiro!)

EDUCACIÓN PRIMARIA:
O reto consiste en saír correndo cara a primeira madeira dunha das filas, tirala e volver ao punto de inicio. Seguidamente, iremos á 1ª madeira da outra fila e tirarémola tamén. Voltamos ao punto de inicio e diríxomonos á segunda das madeiras da 1ª fila e así sucesivamente ata tirar coas 4 madeiras das 2 filas. 
Unha vez están todas tiradas, teremos que facer a parte final do reto, que é unha carreira en cada unha das filas, na que iremos á 1ª madeira, voltaremos correndo de costas, iremos á 2ª, voltaremos de costas, iremos á 3ª, voltaremos de costas e iremos á 4ª e voltaremos de costas para iniciar o mesmo na outra fila de troncos.

MOITO ÁNIMO!!! Que o reto de hoxe cansa MOOOOOOOOITOOOO!!!


EDUCACIÓN INFANTIL: 
A disposición do campo será a mesma. a diferencia para vos está en que unha das filas de madeiras iremos a derribala cunha moto, bici, patinete... ou calquera outra cousa de rodas, e á outra fila iremos correndo. 
Vos, ademais, non teredes que facer a segunda parte do reto, a das carreiras de ida e volta, que son moi costosas!!

Espero que o pasedes ben con este reto!! 
Un saúdo a tod@s!!!



domingo, 22 de marzo de 2020

RETO 5

RETO 5: Creatividade e ritmo 

MATERIAIS NECESARIOS: Algo co que poder poñer música e o que necesitedes para montar o voso baile.

Ola nenos e nenas!!
O reto de hoxe é algo máis aberto que os anteriores, que para algo é domingo!!
Propóñovos buscar unha canción que vos guste e facer un baile, unha coreografía, xestos... o que se vos ocorra.
Trátase de que o inventedes ou o improvisedes, incluso sobre a marcha!
Eu fixen isto, por si vos vale de exemplo.

Un saúdo a tod@s e, como sempre, MOITO ÁNIMO!!!!

sábado, 21 de marzo de 2020

RETO 4

RETO 4: Axilidade - coordinación dinámica xeral - (resistencia)

MATERIAL NECESARIO: 6 obstáculos para facer un zig-zag (no meu caso usei os meus queridos troncos), un par de sillas (ou algo onde pousar un pau para pasar por debaixo), un recolledor e un cepillo (que poden ser calquera outra cousa con mango que poidamos saltar.

O reto de hoxe, que temos boa mañan, será un circuíto de coordinación dinámica xeral, no cal teremos que faer un zig - zag entre obstáculos, saltar un pau, pasar por debaixo doutro e volver a saltar un último obstáculo antes de comezar de novo o circuíto.


Trataremos de facer as seguintes voltas ao circuíto segundo o curso no que esteamos:

INFANTIL:
2 voltas

PRIMARIA:
1º e 2º: 3 voltas
3º e 4º: 4 voltas
5º e 6º: 5 voltas

Se queredes facer máis, pois estupéndo!!

Moito ánimo e un saúdo!!
Carlos

venres, 20 de marzo de 2020

RETO 3

RETO 3: Salto - equilibrio - coordinación - puntería

MATERIAL NECESARIO: Cinta de carroceiro ou similar (tamén pode ser unha tiza) e un par de calcetíns (ou algo similar que poidamos lanzar)

Bo día a todos/as!

Como hoxe o día está algo gris, o reto que vos propoño será de facer no interior.
É o xogo da Mariola que xa todos/as coñecedes.

O primeiro que teremos que facer será elaborar a nosa propia mariola. Para iso, eu utilicei un pouco de cinta de carroceiro, pero vos poderedes usar calquera cousa que se vos ocurra.
Unha vez feita a mariola, o único que precisaremos para empezar a xogar será algo que poder lanzar, no meu caso, utilicei un paquete de calcetíns.



Recordade que as normas do xogo son:
- ir lanzando aos números en orde.
- os "calcetíns" teñen que caer dentro do número que nos toca para poder comezar o percorrido.
- se os "calcetíns" caen fóra da casilla que toca ou se pisamos fóra dos cadrados, perderemos a quenda e teremos que volver a lanzar. se xogamos con outra persoa, será o turno de xogo desta.




Moito ánimo e espero que o pasedes ben elaborando e xogando coa vosa mariola caseira.
Un saúdo!!
Carlos.

xoves, 19 de marzo de 2020

RETO 2

RETO 2: Velocidade - praxia fina 

MATERIAL NECESARIO: Algo onde poder pousar unhas pinzas (no meu caso utilicei os meus queridos troncos de madeira) e pinzas de colgar a roupa a secar

Ola a tod@s!!
xa temos aquí o novo reto para hoxe...
Propóñovos un xogo onde temos que colocar enriba de cada tronco unha pinza de colgar a roupa a secar. Se a pinza se cae ao chan, teremos que volver con ela ao cesto do principio. Se cae o tronco, levantarémolo e volveremos ao principio tamén.

Trátase de facelo no menor tempo posible e podedes retar a xente da vosa casa para que se animen a facelo con vos. Neste caso, ademais da opción de cronometrar a cada xogador, podedes facelo as 2 persoas á vez, usando unha cor diferente de pinzas para diferenciarvos.



Para os maiores, engadimos unha parte máis do reto, que sería, unha vez colocamos todas as pinzas, comezaremos a recollelas seguindo o mesmo procedemento.



Moitísimo ánimo!!!

mércores, 18 de marzo de 2020

RETOS FÍSICOS: RETO 1

Ola nenos e nenas,

Gustaríame animarvos a participar nun xogo que nos pode resultar moi divertido...

Cada día, mentres dure este confinamento, proporeivos a través deste blogue un reto físico que teredes que superar... se vos parece ben, claro!!

Serán retos asequibles a todo o alumnado. se nalgún caso, a dificultade dun deles é moi alta para os máis pequenos, proporeivos unha variante adaptada, que vos permita facelo.

Gustaríame ver vídeos de como os facedes, polo que facilitei a través da plataforma Abalar o meu correo electrónico ás vosas familias para que, se queredes, mos mandedes.

Recordade que o importante é tratar de facelos, inda que non se consigan rematar. Trátase de pasalo ben e de moverse...

Preparado todo o mundo que vai o primeiro reto!!

RETO 1: Coordinación - axilidade

MATERIAL NECESARIO: 6 Obstáculos (eu usei 6 pedazos de madeira) e 1 balón.

Como hoxe temos bo día, propóñovos facer este reto no exterior, da igual un balcón, un xardín, a terraza...

Consiste en pasar os obstáculos do xeito que se indica no vídeo.
Ida - salto a pés xuntos, volta - salto lateral á dereita, ida - salto lateral esquerda, 5 lanzamentos de balón con sentadilla, ida - zancada adiante, volta - zancada adiante, 5 lanzamentos de balón con sentadilla e FIN!

ÁNIMOOOO!!!



ACTIVIDADE FÍSICA PARA AS PERSOAS MAIORES DA CASA

Ola a todos/as!

Hoxe quérovos pedir un favor... que sexades vos os/as mestres/as de Efucación Físca nos vosos fogares!!

Déixovos un enlace a unha publicación que me parece de iterese para todas aquelas familas que teñades persoas maoires vivindo con vos.

Pensei en que podería ser unha boa idea que fixerades de profes coas vosas persoas maiores ensinándolles esta serie de exercicios. Son moi sinxelos e podense facer en calquera lugar da casa. Sen dúbida, ás persoas maoires e aos non tan maiores, viranos moi ben nestes días de "encerro".

Recordade gardar a distancia de seguridade con todo o mundo, pero especialmente coa xente maior, xa que estas persoas son as máis sensibles ao COVID-19.


https://www.sportlife.es/entrenar/fitness/articulo/un-circuito-de-entrenamiento-para-la-tercera-edad

domingo, 15 de marzo de 2020

EDUCACIÓN FÍSICA EN TEMPOS DE PANDEMIA (semana 16 - 20 marzo)

Boas a todos/as.

Dada a actual situación que estamos a vivir e que nos obriga a permanecer nos nosos fogares, quérovos facer chegar o meu ánimo e desexo de que todo volva pronto á normalidade.

Sei que o de estar tanto tempo pechados/as nos nosos fogares pode ser moi aburrido, polo que resultará doado caer na tentación de xogar ao Fornite 12 horas ao día. Pero como xa ben sabedes, os videoxogos a min gústanme o mesmo que o Coronavirus, polo que dende aquí vos animo a facer varias actividades que nos axudarán a pasar estas horas e días dun xeito máis divertido, máis san e máis productivo!!


— A primeira proposta é unha serie de exercicios, moi faciliños, divertidos e orixinais que deseñou unha familia china.



—  Xogar a xogos de mesa que teñades na casa. Aprender xogos de cartas, "a escoba", que nos axuda no cálculo mental.

— Facer xogos de mímica por exemplo un representa unha profesión sen falar e outro adiviña cal é e logo cambio. Tamén con anuncios de televisión, para que outra persoa trate de adiviñalos.

— Facer papiroflexia:

Aquí vos deixo un enlace con ideas, podedes buscar outros exemplos se preferides.
https://saposyprincesas.elmundo.es/ocio-en-casa/manualidades-para-ninos/manualidades-faciles-animales-origami/
As couas que fagades poderedes traelas ao cole cando se retomen as clases e faremos unha exposición.

Por último, anímovos a estar tempo coas vosas familias, a falar con eles, a contarlles cousas e que vos conten, a desfrutar da súa compañía. Axudáde nas tarefas do fogar, iso tamén é exercicio físico!!
Xogade e pasádeo o mellor que poidades.


Todas aquelas persoas que decidades facer algo do que vos propoño, podedes facer fotos ou vídeos das vosas actividades e envialas ao correo electrónico do CPI Curros Enríquez (cpi.curros.enriquez.pazos@edu.xunta.gal) Tamén as podedes gardar nun pen drive e darmas cando voltemos ás clases. Con todas elas, faremos unha grande exposición no ximnasio


Moitas gracias e moito ánimo a todos/as!!
Carlos.