mércores, 1 de abril de 2020

RETO 13

RETO 13: Equilibrio

MATERIAIS NECESARIOS: 10 pedazos de madeira sobre os que poder camiñar (poden ser ladrillos, pedras...), unha escoba e 2 caldeiros (ou algo que teña asas).

Ola a tod@s!!
No reto de hoxe traballaremos o equilibrio.

Como vedes no vídeo, faremos varios percorridos de ida e volta do seguinte xeito:

Ida: equilibrio sobre as madeiras
Volta: idem pero coa escoba na cabeza.
Ida: pata coxa con unha perna
Volta: idem coa outra
Ida: equilibrio sobre as madeiras
Volta: equilibrio sobre as madeiras coa balanza de caldeiros
Ida: equilibrio sobre as madeiras coa balanza dos caldeiros
Final!

Como variante para o alumnado máis pequeno do cole (educación infantil, 1º ou 2º de primaria), en vez de ir cos caldeiros collidos co pau da escoba, levarémolos collidos coas mans.


Ningún comentario:

Publicar un comentario