O método de
traballo será telemático, é dicir, a distancia. Seguiremos usando este blogue
como sistema de comunicación. Nel, colgarei as sesións de educación física e
vos poderedes velas.
As sesións van a
ser o máis parecidas posibles (dentro das enormes limitacións que supón dar clase
de Educación Física deste xeito) ás que facemos no colexio.
Todas van a
constar de 3 partes diferentes, que serán o quecemento, para preparar o noso
corpo para a actividade, a parte principal da sesión e a volta á calma.
Como
sempre, ao rematar a clase, faremos un pequeno aseo que vai a consistir
unicamente no lavado de mans con auga e xabón.
Para tratar de
facilitarvos tanto ás familias coma ao alumnado o traballo, as sesión de Educación
Física van a ser subidas a este blogue os LUNS e os XOVES de cada semana para Ed. Primaria e os XOVES para Ed. Infantil. Vos
poderedes facelas o día que vos veña mellor ou vos apeteza máis, pero solo se
van a subir clases os luns e os xoves. Isto será para todos os cursos, independentemente
do día que tiverades Educación Física no voso horario de clases normal. Creo que isto facilitará a organización do traballo nas vosas casas, sobre todo, para os que teñen irmáns ou irmás no colexio, podendo ter as clases de Ed. Física o mesmo día.
As sesións van a ir numeradas (1, 2, 3...) e dentro de cada unha desas sesións estará especificado o traballo para cada curso en concreto (Ed. infantil, 1º, 2º, etc.)
As sesións van a ir numeradas (1, 2, 3...) e dentro de cada unha desas sesións estará especificado o traballo para cada curso en concreto (Ed. infantil, 1º, 2º, etc.)
Tamén nos piden
que, na medida do posible, teñamos constancia do traballo que se está facendo
nas casas por parte do alumnado, polo que vos facilitarei novamente o meu
correo electrónico a través da aplicación abalar para que me fagades chegar vídeos
ou fotos dese traballo.
O traballo do que me interesará ter constancia, fundamentalmente, será o referente á parte principal da sesión, é dicir, se ides a facer un vídeo ou foto da clase para mandarme, será suficiente con esa parte da sesión. Se a maiores me queredes enviar máis cousas, xa sabedes que pola miña parte estarei encantado de recibilas.
Moitas veces este
sistema trae problemas xa que non todos os vídeos cargan ben, chegan de xeito
correcto, etc. Sabedes que podedes contactar comigo por email e buscamos unha
solución alternativa sen ningún tipo de problema, como xa temos feito moitos/as
de vos e máis eu neste último mes.
Este trimestre
vai a ser novo para todos/as, para nenos, nenas, familias, para os mestres e
mestras… e como todo canto é novo, tamén é descoñecido.
Si en algo vos podo
axudar, sabedes que me tendes á vosa disposición cando me necesitedes. Eu, en
todo canto poida ou saiba, tratarei de servos de utilidade.
Moitas grazas a
todos/as, familias e alumnado, por todo canto estades facendo.
Unha aperta moi
grande.
Carlos.
Cal e o teu correo electronico?
ResponderEliminarBoas tardes!
EliminarMandéivolo por ABALAR esta mañá. Se non o atopas, volve a escribirme que cho fago chegar de novo.
Moitas grazas!
Moitas grazas Carlos ⭐
ResponderEliminarUn saúdo e bicos das 3 pequechas. Agardamos que todo este moi Ben 🌹
Sarah
Grazas a vos!
EliminarDe momento, os meus e máis eu estamos ben, moitísimas grazas!!
Espero que tod@s vos esteades ben tamén.
Un abrazo moi grande!
Moitas grazas por todo o esforzo que estás facendo! Unha aperta,
ResponderEliminarFamilia de Daniel Cernadas
Moitas grazas a vos!É un esforzo grande para todo o mundo, pero para as familias creo que inda máis, polo que grazas e MOITO ÁNIMO!
ResponderEliminarEsperemos que xa quede pouco para volver á normalidade.
Un abrazo!