Bos días a tod@s!
Sodes moitas as
familias que estades contactando comigo porque tendes problemas para enviarme
os vídeos das sesións de Educación Física.
O primeiro de
todo é darvos as grazas de todo corazón polo esforzo que estades facendo. Xa
bastante é pedirvos que fagades cos vosos fillos e fillas as clases como para,
inda encima, que teñades que gravar ou sacar fotos, mandalas por email, etc.
Como xa vos comentei, o das fotos ou os
vídeos é, simplemente, como mostra de que se fan as cousas. O que a nós nos
piden é que teñamos constancia de que se fan os traballos e, na miña
asignatura, a única forma que se me ocorre para iso son as fotos ou os vídeos.
Por iso vos digo
que non fai falta que gravedes toda a sesión, nin que fagades vídeos moi
longos, xa que vai a ser moito máis dificultoso para vos poder mandalos. Cun
vídeo de 20 ou 30 segundos da parte principal da sesión é máis que suficiente.
Ou con un par de fotos dalgunha parte da sesión.
A min encántame
ver todo canto me mandedes, pero non quero ser un problema máis para vos estes
días.
Podedes facer
varias clases e mandarme os archivos xuntos, podedes ir mandándome segundo
vaiades facendo, etc.En definitiva,
que fagades como mellor vos pareza e vos sexa máis fácil.
Como solución ao
problema dos vídeos que non cargan nos emails, douvos unha idea que está funcionando.
Crear un grupo de
WhatsApp no cal esteades solo vos (deixo abaixo un enlace de cómo se fai), enviar o
vídeo ou a foto a ese grupo que é solo voso e, dende aí, reenvialo por email.
Deste xeito, á
maioría da xente estalle deixando enviar os vídeos, xa que ao pasalos ao
WhatsApp primeiro, a calidade báixalle moito e o documento pesa moito menos.
Explicación de cómo crear un grupo de WhatsApp con un mesmo:
Nada máis familias, simplemente agradecervos unha vez máis
todo canto estades facendo e mandarvos MOITO ÁNIMO E MOITA FORZA!
Carlos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario