xoves, 30 de abril de 2020

CLASE 5 (3ª AVALIACIÓN)

Ola a tod@s!!
Déixovos a clase número 5 desta avaliación para Primaria e a 3ª para Educación Infantil. 

Hoxe, o alumnado de Ed. Infantil ten unha grande sorpresa na súa clase. Espero que a desfrutedes moito!!

ED. INFANTIL: (VOLUNTARIO E RECOMENDABLE TAMÉN PARA 1º DE PRIMARIA)

A clase de hoxe é un conto motor, no que o alumnado de infantil coñecerá unha casa moi especial. Nela, terán que ir facendo os xestos e as actividades que se lles vaian dicindo as diferentes personaxes que irán saíndo. 

No conto, vanse visitando direntes habitacións da casa da Señora Josefina, pero vos podedes facer todo na mesma estancia nas vosas casas. Simplemente con facer as cousas que van dicindo, é suficiente. 
Por exemplo, se Josefina nos dice que vamos a ir en coche a unha habitación, pois os/as peques teñen que simular que conducen un coche ata que cheguen a esa habitación. Se nesa habitación din que van a nadar nunha piscina, pois teñen que facer que nadan, etc.
Espero que vos guste moito (polo menos, traballiño levou!)
Ben, xa me diredes que vos pareceu! 
Un saúdo e a desfrutar da casa de Josefina!





1º, 2º e 3º ED. PRIMARIA:

Para o alumnado de 1º de primaria que queira facer o conto motor de Ed. Infantil (o cal vos recomendo moito), non fai falta que fagan esta sesión. Xa queda por ela o conto motor. 

 O mesmo digo para os de 2º e 3º, inda que para eles, quizais o conto motor xa non lles resulte tan motivante. Inda así, quen prefiera facelo, adiante!!

Para os/as demais... 
QUECEMENTO:

PARTE PRINCIPAL:
Das 3 opcións que vos deixo, podedes facer a que queirades. Se queredes facer maís de unha, adiante!
Opción 1

Opción 2

Opción 3

VOLTA Á CALMA:

4º, 5º e 6º ED. PRIMARIA:


QUECEMENTO:

PARTE PRINCIPAL:
Das 3 opcións que vos deixo, podedes facer a que queirades. Se queredes facer maís de unha, adiante!

Opción 1

Opción 2

Opción 3


VOLTA Á CALMA:




luns, 27 de abril de 2020

CALSE 4 (3ª AVALIACIÓN)

Ola a tod@s!

Esta é a 4ª sesión de Educación Física desta avaliación. Nela comezaremos a traballar xogos tradicionais galegos... Vaivos a gustar, xa veredes!

Como todas as clases dos luns, o alumnado de Educación Infantil pode facela de xeito voluntario, seguindo os exercicios que se marndan para 1º e 2º de primaria.

Como sempre, déixovos as diferentes clases en función do voso curso.
Moito ánimo!!

1º e 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA (VOLUNTARIO PARA ED. INFANTIL):

QUECEMENTO:

PARTE PRINCIPAL:


VOLTA Á CLAMA:


3º e 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA:

QUECEMENTO:

PARTE PRINCIPAL:
Pode parecer que o vídeo está trucado na velocidade do último exercicio, pero non o está!! jejeje

VOLTA Á CLAMA:





5º e 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA:


QUECEMENTO:

PARTE PRINCIPAL:


VOLTA Á CLAMA:

xoves, 23 de abril de 2020

CLASE 3 (3ª AVALIACIÓN)

Ola a tod@s!

Esta é a 3ª sesión de Educación Física desta avaliación, a segunda no caso do alumnado de Educación Infantil. I
Coma nas anteriores, déixovos as diferentes clases en función do voso curso.
Moito ánimo e a pasalo ben!

EDUCACIÓN INFANTIL:
QUECEMENTO:
Neste vídeo digo que é a terceira clase, foi unha confusión, perdón. É a vosa segunda clase, xa que as dos luns para vos son voluntarias.


PARTE PRINCIPAL:

VOLTA Á CLAMA:



1º, 2º E 3º DE PRIMARIA:
QUECEMENTO:


PARTE PRINCIPAL:

Modo en como colocar as follas cos debuxos das pisadas:

VOLTA Á CLAMA:



4º, 5 E 6º DE PRIMARIA:
QUECEMENTO:


PARTE PRINCIPAL:

Modo en como colocar os diferentes obxectos no chan:


VOLTA Á CLAMA:

luns, 20 de abril de 2020

CLASE 2 (3ª AVALIACIÓN)

Bos días a tod@s!

Imos coa segunda clase desta avaliación. Nela seguiremos traballando a expresión corporal.

Eu fíxen a sesión fóra, aproveitando que facía algo de sol e para que vexades que Pancho segue estando moi en forma, pero pódese facer dentro da casa sen ningún tipo de problema.

Como sempre, a clase constará de 3 partes diferentes. Xa sabedes, con mandarme un pequeno vídeo ou unha foto dalgún momento da parte principal da sesión será suficeinte.


1º e 2º DE PRIMARIA (ED. INFANTIL VOLUNTARIO):
Coma o alumnado de Ed. Infantil solo tendes un día de clase semanal comigo, as sesións dos luns van a ser voluntarias para vós. É dicir, facédelas se vos apetece, e se non, pois non!

QUECEMENTO:
É mellor que outra persoa nos marque o ritmo das palmadas, para que o vaia variando. Se non temos a ninguén na casa con quen poder facelo, pois marcades vos o ritmo. 

PARTE PRINCIPAL: Son 2 actividades: 
1: Esta que vos deixo no vídeo

2: Elixir unha canción das seguintes e bailar ao voso ritmo. Se pinchades no nome da canción que queredes, enlázavos directamente ao vídeo.


VOLTA Á CALMA: 


3º, 4º, 5º e 6º DE PRIMARIA: 

QUECEMENTO: 

PARTE PRINCIPAL: Son 2 actividades: 
1: Esta que vos deixo no vídeo

2: Elixir unha canción das seguintes e bailar ao voso ritmo. Se pinchades no nome da canción que queredes, enlázavos directamente ao vídeo.





VOLTA Á CALMA:

venres, 17 de abril de 2020

INFORMACIÓN IMPORTANTE

Bos días a tod@s!


Sodes moitas as familias que estades contactando comigo porque tendes problemas para enviarme os vídeos das sesións de Educación Física.

O primeiro de todo é darvos as grazas de todo corazón polo esforzo que estades facendo. Xa bastante é pedirvos que fagades cos vosos fillos e fillas as clases como para, inda encima, que teñades que gravar ou sacar fotos, mandalas por email, etc.

Como xa vos comentei, o das fotos ou os vídeos é, simplemente, como mostra de que se fan as cousas. O que a nós nos piden é que teñamos constancia de que se fan os traballos e, na miña asignatura, a única forma que se me ocorre para iso son as fotos ou os vídeos.

Por iso vos digo que non fai falta que gravedes toda a sesión, nin que fagades vídeos moi longos, xa que vai a ser moito máis dificultoso para vos poder mandalos. Cun vídeo de 20 ou 30 segundos da parte principal da sesión é máis que suficiente. Ou con un par de fotos dalgunha parte da sesión.

A min encántame ver todo canto me mandedes, pero non quero ser un problema máis para vos estes días.

Podedes facer varias clases e mandarme os archivos xuntos, podedes ir mandándome segundo vaiades facendo, etc.En definitiva, que fagades como mellor vos pareza e vos sexa máis fácil.

Como solución ao problema dos vídeos que non cargan nos emails, douvos unha idea que está funcionando.
Crear un grupo de WhatsApp no cal esteades solo vos (deixo abaixo un enlace de cómo se fai), enviar o vídeo ou a foto a ese grupo que é solo voso e, dende aí, reenvialo por email.
Deste xeito, á maioría da xente estalle deixando enviar os vídeos, xa que ao pasalos ao WhatsApp primeiro, a calidade báixalle moito e o documento pesa moito menos.

Explicación de cómo crear un grupo de WhatsApp con un mesmo:

Nada máis familias, simplemente agradecervos unha vez máis todo canto estades facendo e mandarvos MOITO ÁNIMO E MOITA FORZA!

Carlos.

xoves, 16 de abril de 2020

CLASE 1 (3ª AVALAIACIÓN)

Bos días a tod@s!!

Comezamos o terceiro trimestre retomando un pouco do traballo que estabamos facendo antes de que nos suspenderan as clases.

Hoxe, polo tanto, traballaremos con un pouco de música!

INFANTIL 1º E 2º DE PRIMARIA: 
QUECEMENTO:

PARTE PRINCIPAL:

VOLTA Á CALMA:


3º E 4º DE PRIMARIA:
QUECEMENTO:

PARTE PRINCIPAL:

VOLTA Á CALMA:

5º E 6º DE PRIMARIA: 



QUECEMENTO:


PARTE PRINCIPAL:

VOLTA Á CALMA:

mércores, 15 de abril de 2020

Como se vai a desenvolver a 3ª avaliación?

Bo día a todos/as:

Logo das instrucións que nos acaban de dar sobre como se vai a desenvolver o terceiro trimestre, fágovos unha aclaración máis polo miúdo de cómo será o traballo na área de Educación Física.

O método de traballo será telemático, é dicir, a distancia. Seguiremos usando este blogue como sistema de comunicación. Nel, colgarei as sesións de educación física e vos poderedes velas.

As sesións van a ser o máis parecidas posibles (dentro das enormes limitacións que supón dar clase de Educación Física deste xeito) ás que facemos no colexio.

Todas van a constar de 3 partes diferentes, que serán o quecemento, para preparar o noso corpo para a actividade, a parte principal da sesión e a volta á calma
Como sempre, ao rematar a clase, faremos un pequeno aseo que vai a consistir unicamente no lavado de mans con auga e xabón.

Para tratar de facilitarvos tanto ás familias coma ao alumnado o traballo, as sesión de Educación Física van a ser subidas a este blogue os LUNS e os XOVES de cada semana para Ed. Primaria e os XOVES para Ed. Infantil. Vos poderedes facelas o día que vos veña mellor ou vos apeteza máis, pero solo se van a subir clases os luns e os xoves. Isto será para todos os cursos, independentemente do día que tiverades Educación Física no voso horario de clases normal. Creo que isto facilitará a organización do traballo nas vosas casas, sobre todo, para os que teñen irmáns ou irmás no colexio, podendo ter as clases de Ed. Física o mesmo día. 
As sesións van a ir numeradas (1, 2, 3...) e dentro de cada unha desas sesións estará especificado o traballo para cada curso en concreto (Ed. infantil, 1º, 2º, etc.)

Tamén nos piden que, na medida do posible, teñamos constancia do traballo que se está facendo nas casas por parte do alumnado, polo que vos facilitarei novamente o meu correo electrónico a través da aplicación abalar para que me fagades chegar vídeos ou fotos dese traballo.
O traballo do que me interesará ter constancia, fundamentalmente, será o referente á parte principal da sesión, é dicir, se ides a facer un vídeo ou foto da clase para mandarme, será suficiente con esa parte da sesión. Se a maiores me queredes enviar máis cousas, xa sabedes que pola miña parte estarei encantado de recibilas.
Moitas veces este sistema trae problemas xa que non todos os vídeos cargan ben, chegan de xeito correcto, etc. Sabedes que podedes contactar comigo por email e buscamos unha solución alternativa sen ningún tipo de problema, como xa temos feito moitos/as de vos e máis eu neste último mes.

Este trimestre vai a ser novo para todos/as, para nenos, nenas, familias, para os mestres e mestras… e como todo canto é novo, tamén é descoñecido. 
Si en algo vos podo axudar, sabedes que me tendes á vosa disposición cando me necesitedes. Eu, en todo canto poida ou saiba, tratarei de servos de utilidade.

Moitas grazas a todos/as, familias e alumnado, por todo canto estades facendo.

Unha aperta moi grande.
Carlos.

venres, 3 de abril de 2020

BOA SEMANA SANTA

Ola a tod@s!!

Quero desexarvos unha moi boa Semana Santa a tod@s, tendo en conta a situación que estamos vivindo. Inda así, espero de todo corazón que esteades, alumnado e familias, o mellor posible.

Ojalá á volta desta semana as cousas estean xá máis claras e a normalidade algo máis preto.

Sabedes que si me necesitades para o que sexa, aquí sigo! Contactádeme por email, deixade comentarios neste blog... onde queirades. Sabedes que eu estarei encantado de ter noticias vosas.

Mándovos a TOD@S un abrazo ENORME!!

Carlos.

RETO 14

RETO 14: Equilibrio - habilidade

MATERIAIS NECESARIOS: 10 obxectos variados, 10 paus sobre os que poder camiñar (ladrillos, bloques, etc.), un pau de escoba e 2 caldeiros (ou algún recipiente con asas)

Ola a tod@s!

Déixovos o último reto antes das "vacacións" de Semana Santa.
Consiste nun traballo do equilibrio dinámico onde teremos que transportar unha serie de obxectos dun lado ao outro.

Déixovos os vídeos explicativos. Coma noutras ocasións, douvos unha serie de variantes para que fagades a que mellor se adapte ás vosas idades ou gustos.

Un saúdo moi grande a TOD@S!

Exemplo de obxectos que utilicei eu




mércores, 1 de abril de 2020

RETO 13

RETO 13: Equilibrio

MATERIAIS NECESARIOS: 10 pedazos de madeira sobre os que poder camiñar (poden ser ladrillos, pedras...), unha escoba e 2 caldeiros (ou algo que teña asas).

Ola a tod@s!!
No reto de hoxe traballaremos o equilibrio.

Como vedes no vídeo, faremos varios percorridos de ida e volta do seguinte xeito:

Ida: equilibrio sobre as madeiras
Volta: idem pero coa escoba na cabeza.
Ida: pata coxa con unha perna
Volta: idem coa outra
Ida: equilibrio sobre as madeiras
Volta: equilibrio sobre as madeiras coa balanza de caldeiros
Ida: equilibrio sobre as madeiras coa balanza dos caldeiros
Final!

Como variante para o alumnado máis pequeno do cole (educación infantil, 1º ou 2º de primaria), en vez de ir cos caldeiros collidos co pau da escoba, levarémolos collidos coas mans.