Déixovos a clase número 6 desta 3ª avaliación.
Está feita no exterior xa que o día estaba moi bo. Se cando a queirades facer está mal tempo ou non tendes unha zona exterior, facede unicamente o quecemento e a volta á calma.
Un abrazo moi grande a tod@s!
1º, 2º E 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: (voluntario Ed. infantil)
QUECEMENTO:
Este exercicio consiste en ir trasladando 5 obxectos (pode ser calquera cousa) facendo a croqueta. Cando chegamos ao seguinte obxecto, deixamos o que tiñamos na man e collemos este. Así ata chegar ao último. Con el daremos 2 voltas e volveremos para facer o mesmo pero cara o outro lado.
PARTE PRINCIPAL:
A parte principal da sesión consiste en facer un circuito coma o que vedes na fotografía.
Teremos que trasladar 5 obxectos (pode ser calquera cousa que teñades pola casa), levándoos de un en un, facendo o percorrido como vedes no vídeo.
VOLTA Á CALMA:

Ningún comentario:
Publicar un comentario