mércores, 13 de maio de 2020

AVISO!! CAMBIO IMPORTANTE!!


Bo día familias:

En primeiro lugar gustaríame mostrarvos o meu agradecemento máis sincero a todas as persoas que seguides habitualmente as clases de Educación Física. Sodes moitas familias coas que estou tendo contacto, coñecendo mellor, e para min esta é a parte boa de todo este proceso extraordinario que estamos vivindo.
Grazas de todo corazón a cantos/as facedes fotos ou vídeos das clases e vos molestades en enviarmas. Sei o esforzo que isto supón nun día a día xa suficientemente agotador. Que saquedes tempo para facer isto é algo que me demostra moito, por iso non me cansarei de agradecérvolo.

En segundo lugar, tamén me gustaría agradecer a todas aquelas persoas que, inda non facendo as clases (polo motivo que sexa), vos puxestes en contacto comigo para dicirmo. Para min, o máis importante é que esteades ben, e que saíra  de vos escribirme para explicarmo, é de agradecer. Entendo, como dicía antes, que o día a día é moi complicado nesta situación e que resulta moi difícil sacar tempo para poñerse a facer vídeos/fotos, descargalas no ordenador, envialas, etc. Pero que tiverades o detalle de escribirme para dicirmo, foi algo que tamén agradecín moito. 

E en terceiro lugar e xa por último, quería dicirvos que logo de diversas reunións co profesorado do centro, moitas son as titoras que nos transmiten o agobio que empezades a ter  moitas familias co acúmulo de tarefas para o colexio. Moitos/as empezastes outra vez a traballar co cambio á fase 1, o cal vos resta moito tempo do que antes podiades dedicar ás tarefas do colexio. Por iso, e dado que agora xa se pode saír de casa a facer deporte sen límites de horarios, a partir da semana ven (a do Luns 18 de maio) deixarei de subir clases de Educación Física dos luns. A única sesión semanal será a dos xoves, que se manterá igual que estaba programada dende o inicio de trimestre, tanto para Ed. Infantil coma para Ed. Primaria.

Espero que esta medida axude a baixar un pouco a carga de traballo semanal á que vos vedes sometidos/as dende fai xa 2 meses e que, cada vez, resulta máis difícil de levar.
Estou seguro de que supliredes esa clase dos luns por paseos coa familia, voltas en bici, xogos ao aire libre, etc. Se vos aburrides (cousa que non creo) recordade que no blog temos mogollón de xogos que fomos facendo durante todo este tempo! Buscades un que vos guste, e a xogar! Destes xogos, paseos, etc. non me tendes que dar constancia, por suposto!
Das que vos seguirei pedindo fotos/vídeos son das que se colguen os xoves.

Solo vos pido dúas cousas máis, que o pasedes o mellor posible e vos coidedes moito.

Para calquera cousa que necesitedes de min, sabedes que aquí sigo á vosa disposición.

Mándovos unha aperta moi grande!

Carlos Názara Blanco. Mestre de Educación física. CPI Curros Enríquez

Ningún comentario:

Publicar un comentario