mércores, 27 de maio de 2020

CLASE 11 (3ª AVALIACIÓN)

Bo día a todos/as!!

Que tal vai esta semana? espero que moi ben, que esteades desfrutando do bo tempo xogando e divertíndovos moito.

Déixovos, coma sempore, as diferetes propostas de clases en función do curso no que esteades.

Hoxe, o alumnado de educación infantil así coma o de 1º de primaria e todos os que se queiran unir ao plan, teñen novo capítulo da "Casa de Josefina". A terceira (e seguramente última) entrega da saga desta nosa súper heroína.

No capítulo de hoxe, Josefina visitará o colexio!!! non volo perdades!!!

ED. INFANTIL (1º DE PRIMARIA moi recomendable): 
Tamén todas as persoas que queiran facelo en lugar de realizar a clase que lle toca ao seu grupo. Recomendable 100%!!

Josefina vai a ensinarnos o colexio onde estudiaron ela e máis Moncho (o seu marido) cando eran pequenos. Seguramente algún dos sitios que van a visitar serán coñecidos para vos!!
Deixovos xa coa agardada entrega do conto motor.

Espero que vos guste!


1º e 2º DE PRIMARIA: Recoméndovos facer o conto motor. Inda así, a clase ordinaria é a seguinte:

QUECEMENTO:


PARTE PRINCIPAL:
A parte principal consta de dous exercicios: 

EXERCICIO 1:

EXERCICIO 2:

VOLTA Á CALMA:
Dos exercicios de volta á calma, escolledes UN, o que máis vos guste. Se queredes facer os dous, pois estupéndo!!

EXERCICIO 1:

EXERCICIO 2:





3º e 4º DE PRIMARIA: 


QUECEMENTO:


PARTE PRINCIPAL:
A parte principal consta de dous exercicios

EXERCICIO 1:


EXERCICIO 2:


VOLTA Á CALMA:
Dos exercicios de volta á calma, escolledes UN, o que máis vos guste. Se queredes facer os dous, pois estupéndo!!

EXERCICIO 1:

EXERCICIO 2:



5º e 6º DE PRIMARIA: 


QUECEMENTO:

PARTE PRINCIPAL:
A parte principal consta de dous exercicios

EXERCICIO 1:

EXERCICIO 2:

VOLTA Á CALMA:
Dos exercicios de volta á calma, escolledes UN, o que máis vos guste. Se queredes facer os dous, pois estupéndo!!

EXERCICIO 1:

EXERCICIO 2:

xoves, 21 de maio de 2020

CLASE 10 (3ª AVALIACIÓN)

Bos días a todos/as!

Déixovos a clase número 10 para o alumnado de Ed. Primaria, a  no caso do alumnado de infantil. Como sempre, quedan as diferentes actividades en función do curso no que esteades. 


EDUCACIÓN INFANTIL:

O equipo de producción da saga "A casa de Josefina" está traballando máis que Fernando Simón estes días para ter lista canto antes a terceira entrega do noso conto motor favorito.
Mentres tanto, poñemos a traballar algo ao profe Carlos (que dende que Josefina lle fai as clases xa non traballa nada).

Infórmovos tamén de que diversos medios moi poderosos están poñéndose en contacto con nós para comprar a serie, que a queren para a television de pago, pero somos implacables e un puñado de millóns de euros non van a privar ao noso alumnado de Infantil das aventuras súa heroína favorita (cuidao que seica anda Dora la Exploradora dun mal xenio coa aparición de Josefina...)

Seguramente, o xoves da semana que ven teñamos o estreno do Episodio 3, no cal Josefina nos vai a falar un pouco da súa vida pasada, das súas viaxes cando era xoven, e moitas cousas máis coas que sempre nos sorprende esta mulleriña.

Mentres esperamos ao xoves que ven, podemos ir facendo a seguinte sesión:

QUECEMENTO:

PARTE PRINCIPAL:


VOLTA Á CALMA:




1º E 2º DE PRIMARIA:


QUECEMENTO:

PARTE PRINCIPAL:


VOLTA Á CALMA:




3º E 4º DE PRIMARIA:

QUECEMENTO:

PARTE PRINCIPAL:

VOLTA Á CALMA:



5º E 6º DE PRIMARIA:

QUECEMENTO:


PARTE PRINCIPAL:
VOLTA Á CALMA:




mércores, 13 de maio de 2020

AVISO!! CAMBIO IMPORTANTE!!


Bo día familias:

En primeiro lugar gustaríame mostrarvos o meu agradecemento máis sincero a todas as persoas que seguides habitualmente as clases de Educación Física. Sodes moitas familias coas que estou tendo contacto, coñecendo mellor, e para min esta é a parte boa de todo este proceso extraordinario que estamos vivindo.
Grazas de todo corazón a cantos/as facedes fotos ou vídeos das clases e vos molestades en enviarmas. Sei o esforzo que isto supón nun día a día xa suficientemente agotador. Que saquedes tempo para facer isto é algo que me demostra moito, por iso non me cansarei de agradecérvolo.

En segundo lugar, tamén me gustaría agradecer a todas aquelas persoas que, inda non facendo as clases (polo motivo que sexa), vos puxestes en contacto comigo para dicirmo. Para min, o máis importante é que esteades ben, e que saíra  de vos escribirme para explicarmo, é de agradecer. Entendo, como dicía antes, que o día a día é moi complicado nesta situación e que resulta moi difícil sacar tempo para poñerse a facer vídeos/fotos, descargalas no ordenador, envialas, etc. Pero que tiverades o detalle de escribirme para dicirmo, foi algo que tamén agradecín moito. 

E en terceiro lugar e xa por último, quería dicirvos que logo de diversas reunións co profesorado do centro, moitas son as titoras que nos transmiten o agobio que empezades a ter  moitas familias co acúmulo de tarefas para o colexio. Moitos/as empezastes outra vez a traballar co cambio á fase 1, o cal vos resta moito tempo do que antes podiades dedicar ás tarefas do colexio. Por iso, e dado que agora xa se pode saír de casa a facer deporte sen límites de horarios, a partir da semana ven (a do Luns 18 de maio) deixarei de subir clases de Educación Física dos luns. A única sesión semanal será a dos xoves, que se manterá igual que estaba programada dende o inicio de trimestre, tanto para Ed. Infantil coma para Ed. Primaria.

Espero que esta medida axude a baixar un pouco a carga de traballo semanal á que vos vedes sometidos/as dende fai xa 2 meses e que, cada vez, resulta máis difícil de levar.
Estou seguro de que supliredes esa clase dos luns por paseos coa familia, voltas en bici, xogos ao aire libre, etc. Se vos aburrides (cousa que non creo) recordade que no blog temos mogollón de xogos que fomos facendo durante todo este tempo! Buscades un que vos guste, e a xogar! Destes xogos, paseos, etc. non me tendes que dar constancia, por suposto!
Das que vos seguirei pedindo fotos/vídeos son das que se colguen os xoves.

Solo vos pido dúas cousas máis, que o pasedes o mellor posible e vos coidedes moito.

Para calquera cousa que necesitedes de min, sabedes que aquí sigo á vosa disposición.

Mándovos unha aperta moi grande!

Carlos Názara Blanco. Mestre de Educación física. CPI Curros Enríquez

CLASE 9 (3ª AVALIACIÓN)

Bos días a todos/as!

Déixovos a clase número 9 para o alumnado de Ed. Primaria, a no caso do alumnado de infantil. Como sempre, quedan as diferentes actividades en función do curso no que esteades. 

Hoxe Ed. Infantil ten a segunda entrega da saga "A casa de Josefina", un conto motor ao que animo tamén ao alumnado de 1º de primaria a ver e facer. Os demais cursos, por suposto que tamén podedes optar polo conto motor en lugar de facer a clase que vos deixei para o voso grupo. 
En tódolos casos, o alumnado, sexa do curso que sexa, que opte por facer o conto motor, non terá que facer a clase do seu curso correspondente. 

Sodes libres de facer o que máis vos guste, xa sabedes.

EDUCACIÓN INFANTIL (MOI RECOMENDABLE PARA 1º DE PRIMARIA)


Conto motor:
O prometido é débeda e aquí tendes a segunda entrega da saga "A casa de Josefina".

Espero que vos gusten as historias desta mulleriña tan simpática. 
Recordo as "normas" deste conto para quen o queira ver. 
Xa sabedes que cando as persanaxes do conto vos piden que fagades algo (por exemplo, picar leña), a vosa misión será a de facer ese movemento. Se nos din que imos ir en avión a algún sitio, debemos movernos cama un avión, e así con todo canto nos vaian dicindo que fagamos, vale?

Aproveitamos tamén para facer un mimo á nosa lingua, xa que está de Santo este 17 de maio, Día das Letras Galegas.

A desfrutar da historia!! 
Un abrazo moi grande para todos/as!


CONTO MOTOR: "A CASA DE JOSEFINA II"


1º e 2º DE PRIMARIA (PARA AMBOS CURSOS, SOBRE TODO 1º, RECOMENDO O CONTO MOTOR DE ED´INFANTIL)

Para os que decidades facer o conto motor, non tendes que facer estes exercicios. Para todos/as os/as demais, a clase é a seguinte:

QUECEMENTO:


PARTE PRINCIPAL:

VOLTA Á CALMA: 



3º e 4º DE PRIMARIA:


QUECEMENTO:

PARTE PRINCIPAL:

VOLTA Á CALMA: 

5º e 6º DE PRIMARIA:


QUECEMENTO:


PARTE PRINCIPAL:

VOLTA Á CALMA: 

domingo, 10 de maio de 2020

CLASE 8 (3ª AVALIACIÓN)

Ola a Tod@s!

Déixovos a clase número 8 desta 3ª avaliación.

Coma sempre, quedan distribuidas as clases en función do curso no que esteades. 

Moito ánimo cos exercicios, que son moi divertidos!

Unha aperta!

1º E 2º DE PRIMARIA: (VOLUNTARIO PARA ED. INFANTIL)

QUECEMENTO:
O exercicio está feito no exterior, pero pódese facer en interior, se queredes. O que vos sexa máis cómodo.

PARTE PRINCIPAL:

VOLTA Á CLAMA: 



3º E 4º DE PRIMARIA:

QUECEMENTO:
O exercicio está feito no exterior, pero pódese facer en interior, se queredes. O que vos sexa máis cómodo.


PARTE PRINCIPAL:

VOLTA Á CLAMA: 



5º E 6º DE PRIMARIA:

QUECEMENTO:
O exercicio está feito no exterior, pero pódese facer en interior, se queredes. O que vos sexa máis cómodo.

PARTE PRINCIPAL:


VOLTA Á CLAMA:

xoves, 7 de maio de 2020

CLASE 7 (3ª AVALIACIÓN)

Ola a Tod@s!

Déixovos a clase número 7 desta 3ª avaliación. A 4ª para o alumnado de Ed. Infantil

Coma sempre, quedan distribuidas as clases en función do curso no que esteades. 

Estes días estou tendo moitos problemas coa conexión a internet, o cal me impediu poder subir o vídeo da segunda parte do conto motor "A casa de Josefina".

Pídovos desculpas de antemán, pero ao ser tan longa a película (a segunda entrega pasa dos 25 minutos, e sen anuncios) non me deu cargado. Así que, teremos que agardar ao Xoves próximo para coñecer algo máis da nosa Super Josefina!

Adiántovos que nos presentará a unha persoa moi importante para ela, que nos falará de cousas do seu pasado e do seu presente, que visitaremos unha granxa de vacas... Veremos a Josefina loitar contra uns piratas... Ata Pancho pasa a ser actor principal (este mes xa ten nómina) nesta nova entrega da historia!

Que pase pronto esta semana, por favor!!

EDUCACIÓN INFANTIL: (MENTRES ESPERAMOS POLA PELI DE JOSEFINA...)

QUECEMENTO:


PARTE PRINCIPAL: 

VOLTA Á CALMA:


1º e 2º DE PRIMARIA:

QUECEMENTO:

PARTE PRINCIPAL: Son dúas actividades


VOLTA Á CALMA:


3º e 4º DE PRIMARIA

QUECEMENTO:

PARTE PRINCIPAL: Son dúas actividades



VOLTA Á CALMA:


5º e 6º DE PRIMARIA

QUECEMENTO:


PARTE PRINCIPAL: Son dúas actividades


VOLTA Á CALMA:



luns, 4 de maio de 2020

CLASE 6 (3ª AVALIACIÓN)

Ola a tod@s!
Déixovos a clase número 6 desta 3ª avaliación.

Está feita no exterior xa que o día estaba moi bo. Se cando a queirades facer está mal tempo ou non tendes unha zona exterior, facede unicamente o quecemento e a volta á calma. 

Un abrazo moi grande a tod@s!

1º, 2º E 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: (voluntario Ed. infantil)


QUECEMENTO:
Este exercicio consiste en ir trasladando 5 obxectos (pode ser calquera cousa) facendo a croqueta. Cando chegamos ao seguinte obxecto, deixamos o que tiñamos na man e collemos este. Así ata chegar ao último. Con el daremos 2 voltas e volveremos para facer o mesmo pero cara o outro lado.


PARTE PRINCIPAL:
A parte principal da sesión consiste en facer un circuito coma o que vedes na fotografía. 


Teremos que trasladar 5 obxectos (pode ser calquera cousa que teñades pola casa), levándoos de un en un, facendo o percorrido como vedes no vídeo.



VOLTA Á CALMA:





4º, 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA:


QUECEMENTO:


PARTE PRINCIPAL:
A parte principal da sesión consiste en facer un circuito coma o que vedes na fotografía. 

Teremos que trasladar 5 obxectos (pode ser calquera cousa que teñades pola casa), levándoos de un en un, facendo o percorrido como vedes no vídeo.




VOLTA Á CALMA: