(Entrada en proceso de elaboración)
Bos días!
Nesta entrada deixo un resumo da nosa participación no programa XOGADE no presente curso.
Como todos/as sabemos, as xornadas foron moi poucas, por mor da pandemia do COVID-19, pero nas que se fixeron, pasámolo en grande, coma sempre!!
Nestas xornadas primou o compañeirismo, a diviersión e o respecto por todos e todas. Xa sabedes que o resultado sempre é o de menos, o importante é facer exercicio e pasalo ben, coñecendo nenas e nenos doutros coles.
11/12/2019 - XORNADA 1 - CEIP Riomaior - CPI Curros Enríquez
mércores, 17 de xuño de 2020
xoves, 4 de xuño de 2020
CLASE 12 (3ª AVALIACIÓN)
Bo día a todos/as!!
A clase de hoxe será a derradeira desta terceira avaliación e, polo tanto, do curso.
Será unha única sesión para todo o alumnado do centro, na que xogaremos con Globos, xa que volo tiña prometido para final de curso (si, xa sei que eran globos de auga o que vos dixera... peeeeero...)
Será tamén voluntaria, é dicir, facédea só se queredes ou vos apetece. Creo que xa traballastes suficiente durante estas semanas.
Sinto que o curso rematara desta maneira, pero a situación que nos tocou vivir non nos permitiu facelo doutro xeito.
Quero darvos as grazas a TODAS/OS: alumnado e familias, de todo corazón.
Comezarei por as familias:
GRAZAS por ser a parte da escola que os vosos fillos e fillas precisaron na casa, por ser unha extensión nosa nos vosos fogares, por traballar tanto e tan duro durante estes meses.
Non só tivestes que ser mestras e mestres. Tamén vos tivestes que adaptar ás tecnoloxías, mandarnos emails, vídeos, fotos... e todo iso sumado ao ordinario de cada día, case nada!
De todo temos que tratar de sacar a parte positiva e para min, sen dúbida, o positivo de toda esta situación foi poder ter con moitos/moitas de vos un trato máis directo e incluso máis cercano que no que sería unha situación normal.
A Educación Física sempre foi inxustamente considerada unha asignatura menos importante que outras con maior prestixio, en cambio vos demostrastesme un aprecio TAN GRANDE hacia min e hacia a miña área que me deixou abraiado.
Díxenvolo en algunha ocasión, pero hoxe quero repetirvos que vos estarei agradecido para sempre. Sentín tanto cariño e apoio por parte da grande maioría de vos que será o que me quede desta pandemia, así que, GRAZAS!!
A todos/todas vos quero dicirvos que NORABOA POLO GRANDE TRABALLO QUE FIXESTES!!
Alumnos e alumnas do cole:
Ser o voso profe é para min un orgullo enorme. Poder ver que nin o confinamento puido borrar o voso sorriso facendo as clases de Ed. Física é algo tan bonito que non o sei nin explicar.
GRAZAS por TODO canto fixestes estes meses, por non olvidarvos de min nin da Educción Física, por seguir as miñas clases, por velas, por facelas...
GRAZAS por facerme tan feliz con cada foto ou cada vídeo que me mandastes.
Algún día recordaredes este confinamento e pensaredes na señora Josefina, en Pancho, nos xogos que fomos inventando con material tan sofisticado como rolos de papel hixiénico, troncos, mangos de vasoiras, botellas de auga, etc.
Eses van a ser os recordos que queden de todo isto e, seguramente, cando vos veñan á cabeza, se vos escapará un sorriso.
Mándovos un abrazo enorme a todos/as.
O profe Carlos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)